Todo o que quixemos saber sobre os datos na Industria 4.0, ao detalle nunha xornada en Ferrol
luns, 5 de marzo do 2018
A
Asociación de
Empresarios Ferrolterra, a través da empresa asociada Ártabro
Tech, vén de anunciar a convocatoria dunha xornada sobre novos
xeitos intelixentes de traballar e de levar a cabo a nosa actividade
empresarial, abeirados ás novas tecnoloxías da información e á
relevancia que ante este panorama cobra o coñecemento a gran escala.
Trátase da charla de divulgación O
valor dos datos ante o desafío da Industria 4.0, unha
aproximación (en palabras dos organizadores) aos sistemas de
aprendizaxe automática.
Segundo
engade a asociación, o obxectivo da cita é “dar a coñecer o
valor que representa a explotación dos datos que actualmente obteñen
de maneira intensiva todo tipo de empresas, industriais ou de
servizos, á hora de aplicar criterios de mellora na eficiencia dos
seus procesos e na calidade dos produtos ou servizos que ofrecen”.
Outro
dos temas a tratar será o potencial de actividade empresarial que
brinda o que se coñece como Machine Learning, que alude á
capacidade de aprendizaxe das máquinas actuais, facendo fincapé no
significado exacto deste concepto e nas súas aplicacións para
convertérense en elemento catalizador dos beneficios que poden
achegar os datos.
A
xornada está dirixida a xerentes e responsables dos departamentos
de Tecnoloxías da Información de empresas industriais ou de xestión
de servizos, interesadas/os en coñecer as melloras produtivas que
poden obter da análise e explotación dos seus datos, “grazas á
aplicación de tecnoloxías e ferramentas expertas que precisan duns
niveis de computación que hoxe resultan de acceso xeral”, engaden
a asociación e máis a empresa Ártabro.
A
cita desenvolverase o 8 de marzo en horario de 17:00 a 18:30 horas na
sede da AEF en Punta Arnela. A xornada é de balde pero ten
aforamento limitado, polo que é recomendable facer previamente a
inscrición, na conta info@empresarios-ferrolterra.org.
