Todoscontraelcanon entrega ó Ministerio de Cultura 1,34 millóns de sinaturas contra o canon dixital
luns, 16 de xullo do 2007
A plataforma Todoscontraelcanon
entregou no Ministerio de Cultura por mediación de 8 dos seus membros pertencentes
a distintas asociacións que a integran un total de 1.339.724
sinaturas recollidas contra o chamado canon dixital.
|
|
A plataforma confía en que o novo ministro, César Antonio Molina, sexa “máis sensible ós requirimentos dos consumidores, as empresas e os cidadáns en xeral” a xuízo de Miguel Errasti, presidente de ANEI, mentres que Víctor Domingo, presidente da Asociación de Internautas, tamén declarou que a plataforma está “máis esperanzada ante a posibilidade de que o Goberno cambie de actitude” e tamén engadiu que “todo o mundo menos as sociedades de xestión está contra o canon dixital” e se ben resultará difícil a eliminación de tal concepto, dende Todoscontraelcanon procurarán que o seu impacto negativo sexa o máis reducido posible.
