Torusware recibe o Premio Nacional de Informática polas súas contribucións na computación de altas prestacións
xoves, 28 de maio do 2020- O equipo de Torus nunha imaxe de Víctor Echave para a Opinión da Coruña
Galicia
volve ter un protagonismo especial nos Premios
Nacionais de Informática, logo do recoñecemento achegado o
ano pasado a Nieves Brisaboa (catedrática de Linguaxes e
Sistemas Informáticos da Universidade da Coruña e investigadora
principal do Laboratorio de Bases de Datos, adscrito ao CITIC) e este
mesmo ano a
Senén Barro (director científico do CiTIUS da USC). Os
galardóns, acabados de fallar por vídeo-conferencia, tamén
destacan nesta edición o labor e as contribucións da
firma galega Torusware, spin-off da Universidade da Coruña
e impulsada por investigadores do Centro de Investigación TIC
(CITIC). A
firma galega foi galardoada co Premio Nacional de Informática 2020
na categoría Premio Ramón Llull, que concede a Sociedade
Científica Informática de España (SCIE) e a Fundación BBVA.
Torusware,
cuxos socios promotores son os investigadores do CITIC Guillermo
López Taboada, Juan Touriño Domínguez e Ramón Doallo Biempica,
foi distinguida “pola súa actividade no ámbito da computación de
altas prestacións e a súa aplicación ao procesamento de grandes
volumes de datos, polo seu dinamismo e pola aposta polo I+D+i, e polo
seu impacto nacional e internacional”.
Amais,
na modalidade de Investigadores Informáticos Novos foi recoñecido
Daniel Valcarce, enxeñeiro de software de Google que previamente
desenvolveu o seu labor de investigación no CITIC.
Ademais,
a tese doutoral doutro premiado, Adrián Pérez Diéguez, foi
dirixida polos investigadores do CITIC Margarita Amor e Ramón
Doallo.
O
CITIC lembra que en edicións anteriores foron distinguidos un total
de tres investigadores do dito centro coruñés. En 2019, Neves R.
Brisaboa foi condecorada co Premio Nacional de Informática na
categoría Premio Ángela Ruiz Carballos. En 2018, Ramón Doallo
recibiu o Premio Aritmel, e nesa mesma edición, David Vilares foi
galardoado co premio na modalidade Investigadores Informáticos
Novos.