Toshiba lanzará o primeiro portátil con disco de memoria sólida de 128 Gb

martes, 18 de marzo do 2008 Marcus Fernández

Toshiba anuncia que no mes de abril lanzará no Xapón o seu Dynabook SS RX1 que permite a opción de integrar un disco de memoria sólida de 128 Gb, sendo o primeiro equipo do mundo en facer tal segundo o seu fabricante e dobrando a capacidade da opción SSD de equipos coma o Macbook Air.
O novo portátil leva un procesador Core 2 Duo a 1,2 GHz, pantalla de 12,1 polgadas (cunha resolución de 1.280 x 800 píxeles) e unha batería que presume dunha autonomía de ata 12,5 horas.
Se poderá adquirir tanto con disco de memoria sólida coma con disco duro, e tamén poderá completarse cunha tarxeta CDMA para achegar conectividade móbil.

PUBLICIDADE