Toxo estrea unha tarifa móbil de 60 GB a un prezo de 37,95 euros

mércores, 9 de setembro do 2020 Sonia Pena

Toxo Telecom, a operadora de telecomunicacións de Ribeira, está a presentar este mes de setembro varias tarifas destacadas para o inicio do curso e, tamén, para fortalecer a fogares e empresas de cara a un máis que seguro meirande uso das novas canles e servizos tecnolóxicos. As tarifas que presenta Toxo axústanse a todas as demandas e necesidades. A máis potente das de mobilidade ofrece, en palabras da operadora, “60 ferrados de datos e chamadas sen límite por 37,95 euros ao mes”. O que se traduce en 60 GB e cobertura tripla a través das redes de Yoigo, Orange e Movistar.
Polo que respecta ás ofertas de fibra, a empresa pon a disposición dos usuarios catro paquetes (que inclúen fibra, fixo, TV e móbil) aos seguintes prezos: 38,95 euros (100 Mbps + 3 GB), 44,95 euros (100 Mbps + 10 GB), 47,95 (600 Mbps + 3 GB) e 49,95 (600 Mbps + 10 FB).

PUBLICIDADE