Tredess mostrará no NAB Show de Las Vegas as súas últimas solucións de radio e TV
mércores, 20 de abril do 2022
A
empresa galega Tredess,
referente galego, estatal e internacional en materia de solucións de
telecomunicacións a profesionais, confirmou a súa presenza na
vindeira edición do NAB Show, que volve trala paréntese da pandemia
(dous anos de inactividade) á súa sede de Las Vegas, Nevada, entre
o 23 e o 27 de abril. Tredess contará cun stand de seu, o
W5126 do West Hall, onde o equipo da firma compostelá presentará as
súas novas solucións de radio e televisión.
Ás
súas costas a empresa do Grupo Televés ten varios anos de
“crecemento significativo e unha manchea de proxectos despregados
en todo o mundo”, o que a converteu nun actor clave a nivel mundial
en equipos e solucións de baixa potencia e en transmisores TDT de
media potencia de até 5 KW arrefriados por aire.
Estas
son algunhas das novidades que presentará Tredess en NAB:
-TRedess
New ATSC3.0 Exciter, unha solución “moi potente e rendíbel”
para que as emisoras de televisión migren á tecnoloxía NextGen TV.
-TRedess
New Repetitor/ Gap Filler optimizado para a extensión SFN da
cobertura en redes ATSC 3.0.
-TRedess
MGNSS (un receptor GNSS multibanda e multiconstelación totalmente
redundante).
-Novas
funcións melloradas para redes DVB-T2 e ISDB-T: receptor SAT
integrado con CAM/BISS e Remux e EWBS incorporados avanzados.