Tres novos tipos de lámpadas ecolóxicas substituirán á deseñada por Edison

martes, 28 de agosto do 2007 Matías Olazabal

Segundo un artigo de Popularscience.com, as coñecidas lámpadas nadas da capacidade inventiva de Thomas Edison en 1879 poderían chegar ó seu corolario axiña, xa que o promedio de 15 lumens por vatio gradúa a súa eficacia enerxética en apenas un 5%. Por outra banda, as plantas de fabricación das mesmas fan pouco pola redución de emisión de CO2 á atmosfera, o que sumado ó anterior colócaas nunha categoría de lámpadas moi pouco ecolóxicas. Tanto a Union Europea como Australia xa están a estudar certas prohibicións no que respecta a fabricación destes aparellos, e os laboratorios fabricantes de consumos de iluminación están a desenvolver novas formas máis rendibles de achegar luz artificial. A primeira innovación neste eido chegou (como non?), da man da Philips, que lanzou ao mercado a Philips Energy Saver 60. Coñecidas vulgarmente como as lámpadas de baixo consumo, que duran até 10 veces máis cás bombillas tradicionais e son catro veces máis eficaces, a lámpada económica abriuse finalmente paso en moitos fogares. O desafío actual do invento é dobre: por unha banda, consiste en que as mesmas deixen de subministrar a luz verdosa (típica dos tubos Tres novos tipos de lámpadas ecolóxicas substituirán á deseñada por Edison


Segundo un artigo de Popularscience.com, as coñecidas lámpadas nadas da capacidade inventiva de Thomas Edison en 1879 poderían chegar ó seu corolario axiña, xa que o promedio de 15 lumens por vatio gradúa a súa eficacia enerxética en apenas un 5%. Por outra banda, as plantas de fabricación das mesmas fan pouco pola redución de emisión de CO2 á atmosfera, o que sumado ó anterior colócaas nunha categoría de lámpadas moi pouco ecolóxicas.

Tanto a Union Europea como Australia xa están a estudar certas prohibicións no que respecta a fabricación destes aparellos, e os laboratorios fabricantes de consumos de iluminación están a desenvolver novas formas máis rendibles de achegar luz artificial.

A primeira innovación neste eido chegou (como non?), da man da Philips, que lanzou ao mercado a Philips Energy Saver 60. Coñecidas vulgarmente como as lámpadas de baixo consumo, que duran até 10 veces máis cás bombillas tradicionais e son catro veces máis eficaces, a lámpada económica abriuse finalmente paso en moitos fogares.

O desafío actual do invento é dobre: por unha banda, consiste en que as mesmas deixen de subministrar a luz verdosa (típica dos tubos fluorescentes) que moitas veces non favorece a vista e, pola outra, en reducir os contidos de mercurio destes tubos, os que segundo a empresa descenderían dos 3 miligramos na liña actual ós 1.7 nos vindeiros modelos da serie Alto II de inminente lanzamento.

Pola súa banda, a compañía Osram Ostar ten previsto para 2008 lanzar ó mercado unha nova serie de LEDS que chegarían até os 75 lumens por vatio, algo máis eficaces cós fluorescentes, e cunha rendibilidade de até 60,000 horas. Cómpre dicir que a diferenza dos fluorescentes estas lámpadas non teñen mercurio, pero preservar o medio ambiente e sen dúbida un pouco caro, xa que cada unidade custará preto de 100 euros. Malia este prezo inicial, os fabricantes prevén unha baixa de prezos de polo menos un 15 por cento en canto medre a produción nos vindeiros anos.

Por último, para 2010, General Electric e Kónica Monolta ten pensado lanzar os panais de díodos de emisión de luz orgánica, ou OLEDs. Estes panais incorporarán unha mestura de luz vermella, verde e azul, permitindo mediante combinación a emisión de luz de case calquera cor. Unha vez que se supere a actual fase de investigación que consiste en protexer ós OLEDs da humidade para que a duración dos mesmos chegue ós cinco anos, os fabricantes teñen pensado pór á venda una serie de lámpadas que, amais, poidan funcionar coma unha pantalla de vídeo de alta definición.


Imaxe vista en popularscience.com

PUBLICIDADE