TuffTouch, o monitor LCD a proba de golpes
luns, 14 de xaneiro do 2008
Stealth Computer Corporation presentou un novo
monitor, o TuffTouch,
de 17 polgadas, cunha relación de contraste de 500:1, unha resolución de 1.280
x 1.024 pÃxeles e baixo consumo de enerxÃa que destaca por estar acondicionado
para condicións agresivas.
O TuffTouch conta
cunha carcasa dunha aliaxe de aluminio que lle permite soportar golpes e caÃdas.
Véndese a 1.495 dólares (1.003,36 euros) na súa versión básica e a 1.895 dólares
(1.271,81 euros) na súa versión con pantalla táctil. Amais, o fabricante
permite integrar na súa mesma carcasa o seu ordenador en miniatura Little PC,
de xeito que se converte nunha boa solución para contornos industriais ou mesmo
para equipos de uso público.