Twitch Prime regalará 10 xogos nos vindeiros 2 meses

martes, 13 de marzo do 2018 Marcus Fernández

O mes pasado os usuarios Prime de Twitch recibían no seu botín a posibilidade de facerse de balde co xogo Sid Meier’s Civilization IV: The Complete Edition, clásico de Firaxis Games ao que pouco despois uniuse Devil May Cry HD Collection (que inclúe as tres primeiras entregas da saga protagonizada polo carismático Dante). Pero a cousa non vai quedar aí, e agora anuncian que a partires do xoves será posible conseguir 5 novos xogos entre os que destacan moi especialmente os aclamados Superhot e Oxenfree (acompañados por Shadow Tactics, Tales of Candlekeep e Mr. Shifty).
Dende Twitch tamén adiantan que os seus usuarios Prime recibirán en abril outro lote de xogos: Tales from the Borderlands, SteamWorld Dig 2, Kingsway, Tokyo 42 e Dubwars. Teremos así 10 xogos de balde en 2 meses, o que é unha grande oferta, especialmente para os subscritores de Amazon Prime, que só teñen que ligar a súa conta de Amazon coa de Twitch para conseguir Twitch Prime sen custo adicional.

PUBLICIDADE