Twitter bota a vista atrás ao 2013
xoves, 12 de decembro do 2013
As principais plataformas en liñas están a comezar a facer o
seu repaso do ano, e tras a
restrospectiva de YouTube, temos agora a Twitter, que publicou un sitio web no que permite explorar os
momentos máis destacados do presente ano, o que facilÃtanos a consulta
cronolóxica (#2013) e por categorÃas (novas, lecer, deportes e mostrario),
podendo refinar cadansúa sección e permitindo compartir ou incrustar na web eses
contidos.
Deste xeito, podemos repasar rapidamente o que máis destacou en Twitter sobre a
actualidade do mundo, os avances cientÃficos que tiveron maior repercusión, os
programas de televisión que causaron sensación, o que comentou a xente sobre a
Liga de fútbol... e incluso uns chÃos
dourados nos que recollen unha serie de anotacións que xeraron moitos
rechouchÃos (como a nova do
pasamento do actor Paul Walker ou a despedida
a un dos actores de Glee que
finou de sobredose).
Se facemos un repaso cronolóxico, podemos consultar o máis destacado mes a mes,
estando entre os eventos máis recentes o tifón de Filipinas, o rapaz que
disfrazado de Batman cativou o corazón dos veciños de San Francisco, o 50º
aniversario do Doutor Who, ou o pasamento de Nelson Mandela.
Dende Twitter tamén publicaron un vÃdeo para anunciar este repaso do ano que
está a piques de rematar:
