Uber volverá a operar en España en breve
luns, 28 de marzo do 2016
Esta mañá Uber anunciou a
través de Twitter o seu regreso a Madrid, ou sexa, que tras unha breve
ausencia retoman a súa actividade en España, aÃnda que non co formato anterior
(UberPOP), senón cun servizo máis profesional (UberX) de xeito que en
vez de basearse en condutores particulares, empregarÃa condutores con licenza
VTC, ou sexa, autorizados para o transporte de pasaxeiros, na liña do que
fai actualmente Cabify.
Temos asà que posiblemente a polémica con Uber non rematará en España, xa que
Cabify tamén está no punto de mira dos profesionais do taxi, que o
ano pasado fracasaron ao pretender o peche cautelar de Cabify. AÃnda que
hai moitas dúbidas sobre a legalidade dos novos servizos de aluguer de vehÃculo
con condutor baseados en aplicacións móbiles, polo momento carecen de
resolucións xudiciais na súa contra, situación que facilitará o retorno de
Uber, aÃnda que cunha flexibilidade inferior ao da fórmula anterior do servizo.
Actualmente Uber está a recrutar choferes para o seu servizo, aos que achegarÃa
clientes a cambio dunha comisión do 30% (os pagamentos das viaxes realÃzanse a
través da aplicación móbil), tendo os condutores que facerse cargo dos gastos
(vehÃculo, seguro, mantemento...) o que moitos xa están a ver como unha
alternativa desleal ao taxi, que
dadas as elevadas comisións de Uber poderÃan dificultar a sustentabilidade
económica dun negocio cada dÃa máis feble. De feito, a Federación Profesional
do Taxi de Madrid (FPTM) xa manifestaron
a súa intención de levar a Uber ante os tribunais se ven que operan dun
xeito semellante ao de Cabify.