Un ataque informático afecta a 35 páxinas web da Universidade de Vigo
luns, 22 de abril do 2013
Un grupo que responde ao nome de Moroccan Hackers PRO deu
conta a pasada fin de semana de que tiñan
atacado a seguridade de 35 páxinas web dependentes da Universidade de Vigo,
que van dende departamentos e facultades ata proxectos como Ponte nas Ondas, modificando os espazos
afectados para incluÃr unha mensaxe na que reivindican que o Sáhara e as
cidades de Ceuta e Melilla pertencen a Marrocos, e aÃnda que tal acto de
vandalismo foi eliminado de varias das páxinas web modificadas (entre as que se
inclúe a da Escola de Telecomunicacións), continúan actualmente fóra de
servizo.
Dá a impresión que este ataque masivo produciuse por culpa dun fallo de
seguridade dalgunha versión do xestor de contidos Joomla (algunha das páxinas afectadas
tiñan instalada unha versión sen soporte
e claramente insegura deste CMS libre).
Sorprendentemente a Universidade non alertou aos seus usuarios do incidente a través
das redes sociais nin da súa páxina web institucional, algo que serÃa máis que
recomendable, tanto para dar conta dos espazos fóra de servizo como do perigo
de visitar unha páxina web usurpada tras algún ataque informático.
