Un bolígrafo que le contos a cativos
mércores, 30 de xaneiro do 2008
Esta semana presentouse no congreso californiano DEMO 08 o Tag
Reading System de LeapFrog, que é un dispositivo electrónico con forma de
bolígrafo que permite
que os cativos poidan gozar de libros de contos especiais sen a axuda dos seus
pais, xa que narra a viva voz as historias baseándose para tal no
recoñecemento de letras, palabras e símbolos impresos en cada páxina mediante
unha sofisticada cámara de infravermellos.
Para cargar a narración no bolígrafo de LeapFrog os pais poderá descargar
ficheiros de son da biblioteca Tag na Internet e cargalos nos 16 Mb de memoria
incorporada no Tag Reading System.
Este orixinal lector custará 50 dólares, e cada un dos seus libros, 13,99
dólares, comezando este verán cun catálogo de 14 títulos.