Un chaveiro con GPS permite xeolocalizar as nosas fotografÃas
mércores, 26 de decembro do 2007
O Sony
GPSCS1KA é un localizador GPS con forma de chaveiro que resultará
especialmente atractivo para os amantes á fotografÃa dixital, xa que permite
memorizar as datas e posicións nas que nos atopamos para despois sincronizar
tal información coas fotografÃas que tiremos, para poder asà xeolocalizalas en
servizos coma Google Maps.
O curioso dispositivo almacena a nosa posición cada 15 segundos durante ata 360
horas e se
vende en Amazon por 107,68 dólares (74,64 euros) aÃnda que é de agardar que
pronto se distribúa ás tendas españolas.
A información xeográfica adquirida polo GPSCS1KA incorpórase de xeito
permanente ás imaxes capturadas pola nosa cámara dixital, polo que distintas
aplicacións que soporten posicionamento por satélite poderán indicar onde se
tomaron evitando tal proceso de xeito manual, o que tamén resulta moi atractivo
para certos álbums fotográficos en liña que soportan tal caracterÃstica e que
nos permite seguir asà as nosas rutas turistico-fotográficas.