Un curso formará ao persoal dos servizos de seguridade pública sobre violencia de xénero no ámbito dixital
xoves, 31 de outubro do 2024
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a convocatoria de catro edicións do curso Violencia de xénero no ámbito dixital, dirixido a persoal dos corpos de PolicÃa Local de Galicia e doutros servizos de seguridade pública e enmarcado no Pacto de Estado contra a violencia de xénero. Impartiranse catro sesións en liña entre o 2 e o 18 de decembro. Cada un dos cursos oferta 25 prazas e ten unha duración de 15 horas.
A acción formativa inclúe tres módulos centrados nas TIC, na recompilación de evidencias e na instrución de dilixencias e solicitudes. Nos dous primeiros abórdanse as redes fixas, os dispositivos móbiles, os sitios web e a banca en liña, entre outros temas. O último módulo céntrase en casos prácticos. Deste xeito, quérese reforzar a formación nas técnicas básicas de investigación e recolección de evidencias dixitais, podendo axudarlle á vÃtima a coñecer se o seu teléfono móbil ten activada a xeolocalización por parte doutra persoa, as formas seguras dos sitios web ou a funcionalidade familia en todos os dispositivos, entre outros coñecementos prácticos.
Segundo a convocatoria, poderá participar nos cursos tamén persoal das demais forzas e corpos de seguridade que traballan na comunidade (PolicÃa Autonómica, PolicÃa Nacional e Garda Civil), para os que se reservan un 20 % das prazas.
A convocatoria destes cursos forma parte da programación formativa do segundo semestre do ano na Academia Galicia de Seguridade Pública, que suma 53 actividades con case 1.300 prazas para persoal de seguridade pública e de emerxencias. A estas engádeselle a oferta formativa da PolicÃa Autonómica, Garda Civil e PolicÃa Nacional, ademais de xornadas de interese xeral no eido dos dereitos fundamentais, intelixencia artificial e normativa de tráfico e seguridade viaria.
