Un eReader de 13,3 polgadas pode funcionar tamén como monitor externo
luns, 11 de decembro do 2017
Os
lectores de libros electrónicos parecen terse estancado en formatos cativos,
propios do libro de peto, pero algúns fabricantes consideran interesante a
oferta de tamaños máis próximos aos dos folios, para poder trasladar fluxos de
traballo do papel ao dixital, pero trátanse de produtos de elevado prezo que
son aÃnda bastante anecdóticos, e dentro destes temos unha interesante
proposta, o Onyx
Boox Max 2 Professional, que cun tamaño de 13,3 polgadas busca facer máis
doada de xustificar a súa adquisición por contar cun modo de funcionamento como
monitor.
Estamos ante un lector de libros electrónicos con pantalla de 13,3 polgadas
cunha resolución de 2.200 x 1.650 pÃxeles e 16 niveis de gris, que funciona
como pantalla capacitiva para o seu control cos dedos, pero que tamén opera cun
lapis dixitalizador Wacom, polo que pode empregarse tamén a xeito de caderno
para tomar notas.
Este produto ten un procesador de catro núcleos a 1,6 GHz, 2 GB de RAM e 32 GB
de almacenamento interno, funciona con Android 6.0 (con acceso a Google Play) e
é compatible con numerosos formatos de ficheiro (PDF, ePUB, TXT, HTML, RTF,
FB2, MOBI, CHM, DOC...), conta con conectividade Wi-Fi e Bluetooth 4.1, o seu
grosor é de 7,5 milÃmetros, pesa 550 gramos e a súa baterÃa de 4.100 mAh permÃtelle
aguantar en espera até 4 semanas, conseguindo asà comportarse dun xeito
semellante a unha tableta, pese a que a súa pantalla sexa de papel electrónico.
O feito de poder conectalo a un ordenador persoal mediante micro HDMI pode
resultar moi práctico para usuarios que queiran ler longos documentos no seu
equipo e prefiran para iso as tecnoloxÃas de papel electrónico, que facilitan
unha lectura máis relaxada para a vista.
O principal atranco para mercar este interesante produto é claramente o seu
prezo, xa que o Onyx Boox Max 2 Professional pode
reservarse actualmente a un prezo de 798,89 euros, esperándose que a súa
entrega sexa a partires do 27 de decembro.