Un encontro sobre tecnoloxÃas disruptivas quere pór ás persoas no centro
xoves, 25 de setembro do 2025
O xoves da semana que vén, a partir das 9:30, o centro GaiásTech da AMTEGA será escenario dunha xornada de debate centrada nas oportunidades que ofrecen tecnoloxÃas disruptivas como a intelixencia artificial para impulsar o emprego, promover un desenvolvemento social guiado por principios éticos e garantir o acceso da cidadanÃa a información veraz.
O encontro busca fomentar un diálogo no que conflúan perspectivas técnicas, sociais, éticas e institucionais, co obxectivo de analizar como a innovación tecnolóxica está a transformar ámbitos sensibles como o mercado laboral, a formación, os dereitos fundamentais e o acceso á información.
A programación da mañá estrutúrase en tres mesas redondas: TecnoloxÃa en emprego e formación: transversalidade da capacitación e novos perfÃs profesionais, Retos éticos e dereitos ante tecnoloxÃas disruptivas e A tecnoloxÃa ao servizo da verdade.
A primeira mesa, prevista para as 9:45, contará coa moderación de Santiago Boquete, subdirector xeral do Servizo Público de Emprego de Galicia, e coa participación de MarÃa Dorrego (responsable de recursos humanos en Kelea), Fernando Suárez (presidente do Colexio Profesional de EnxeñarÃa en Informática de Galicia) e Francisco Javier Bellas (profesor de Robótica Autónoma e Aprendizaxe Automática na Universidade da Coruña).
A segunda mesa, ás 11:30., estará moderada polo avogado especializado en seguridade da información e protección de datos Diego Estévez. Intervirán Enrique Latorre (profesor de Lóxica e FilosofÃa da Ciencia da USC), Marcos Almeida (profesor de Dereito Administrativo da USC e membro da Comisión de Expertos para o Desenvolvemento da IA en Galicia) e Javier Alberto Rojas MartÃnez (especialista en hematoloxÃa e investigador do Grupo Grheco Xen do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela).
Finalmente, a terceira mesa, ás 12:45, será conducida por Alberto Dafonte, doutor en Comunicación Audiovisual e Publicidade, e reunirá a Emma Torres (decana da Facultade de Comunicación da Universidade de Vigo e presidenta da Asociación de Universidades con Estudos de Comunicación), Pablo Gamallo (catedrático da USC e investigador do CITIUS), Manuel Rey (vogal do Colexio de Xornalistas de Galicia) e Jorge Vázquez Herrero (profesor de Xornalismo na USC).
