Un foro xunta en Compostela a expertos en tecnoloxÃas cuánticas
martes, 30 de setembro do 2025
A directora da Axencia Galega de Innovación, Carmen Cotelo, inaugurou hoxe no Centro Galego de Arte Contemporánea o segundo encontro do ecosistema galego de I+D+i en cuántica. O foro, baixo o lema ConstruÃndo ecosistemas de impacto en cuántica, reuniu un cento de expertos e entidades nacionais e internacionais co obxectivo de reforzar as colaboracións e afianzar o posicionamento de Galicia como referente neste ámbito tecnolóxico.
A representante da ConsellerÃa de Educación, Ciencia, Universidades e FP salientou a relevancia estratéxica deste sector para a comunidade: «Aquà hai potencial, hai talento, hai infraestruturas e hai visión de futuro». Enmarcou ademais esta aposta na estratexia que Galicia vén desenvolvendo desde 2021 a través do Polo de TecnoloxÃas Cuánticas e do Plan galego de investigación e innovación 2025-27, cualificado como unha iniciativa de alto impacto.
Cotelo puxo o foco nos tres piares que sustentan as fortalezas do ecosistema: a formación e captación de talento, exemplificada no Máster interuniversitario en ciencia e tecnoloxÃas de información cuántica, pioneiro en España; a existencia de infraestruturas punteiras como o Qmio (ordenador cuántico do Centro de Supercomputación de Galicia), a súa ampliación e os laboratorios do Vigo Quantum Communication Centre; e, por último, a investigación e a innovación aplicada.
Tamén destacou a necesidade de cooperación entre universidades, centros de coñecemento, administración e empresas para avanzar no desenvolvemento destas tecnoloxÃas e conseguir que a cuántica pase do laboratorio ao mercado. Precisamente, un dos obxectivos do encontro foi visibilizar as capacidades do ecosistema e abrir oportunidades ao tecido empresarial. Con este fin, celebrouse unha mesa redonda con representantes de compañÃas e hubs de innovación dixital sobre os beneficios que estas tecnoloxÃas poden achegar ás empresas.
A Xunta presentou ademais a actualización do Mapa de capacidades en tecnoloxÃas cuánticas de Galicia, dado a coñecer por primeira vez en decembro de 2024 no marco do anterior foro. Este documento recolle máis de 140 profesionais que traballan na comunidade en áreas como computación, comunicacións e sensórica cuánticas, asà como as infraestruturas dispoñibles, co propósito de favorecer a cooperación e consolidar o crecemento do ecosistema galego.
O encontro completouse con outras dúas mesas redondas centradas no desenvolvemento de talento e no reforzo das colaboracións, asà como con varias conferencias. Entre elas, a de Lois Orosa, director cientÃfico do CESGA, sobre a revolución cuántica como oportunidade estratéxica; a de ValentÃn GarcÃa, director de innovación de Lantik S.A., sobre o camiño da innovación neste eido; e a de Óscar DÃez, xefe de sector de computación cuántica na Comisión Europea, sobre colaboracións internacionais.
A xornada forma parte do proxecto Quorum (Ecosistemas de innovación en cuántica), financiado polo CDTI con fondos do Mecanismo de Recuperación e Resiliencia. Liderada por Gradiant e con socios como Fujitsu, a Axencia Galega de Innovación, o CESGA, Fidesol Itecam, QCentroid e Qilimanjaro, a iniciativa busca crear unha contorna colaborativa que impulse a innovación cuántica en España e sitúe ao paÃs á vangarda destas tecnoloxÃas de futuro.
