Un hosting de balde co traslado de cada dominio para a dinahosting
luns, 7 de xaneiro do 2008
Dende hoxe, (luns 7 de xaneiro) e ata o vindeiro 29 de febreiro, a empresa independente do sector de rexistro de dominios e aloxamento en España, Dinahosting, vai ofrecer de balde un hosting por tres meses polo traslado de cada dominio.
As persoas interesadas en acollerse a esta promoción teñen que dirixirse á páxina de traslados da devandita web (http://www.dinahosting.com/es/dominios/trasladar/) e seguir correctamente as indicacións do asistente. Grazas a este novo servizo de rexistros, os usuarios de dinahosting poderán xestionar os seus contactos de dominios e dns con total liberdade, definir redireccións web e de correo, modificar as zonas ou dispor dun parking para cada dominio.
Segundo os responsables da devandita web, os plans de hosting da empresa dan unha “ampla variedade de opcións á hora de configurar e personalizar o aloxamento que mellor se corresponde coa actividade á que se destina”, ben sexa o sistema operativo e tecnoloxía preferidos para traballar, o espazo e capacidade de trasferencia requirida, contas de correo electrónico...
Asemade, a dinahosting inclúe, en tódolos seus produtos, un Servizo adicional de Soporte Técnico e Comercial, 24x7, a través de chat, skype, teléfono ou mail e de xeito persoal e individualizado (sen robots).
