Un lector de tarxetas incorpora Bluetooth e un hub USB

venres, 11 de maio do 2007 Marcus Fernández

A diversidade de tarxetas de memoria que nun principio se cinguían a cámaras dixitais, e agora se empregan tamén en teléfonos móbiles, reprodutores multimedia e outros dispositivos, continúa a medrar de xeito que non sorprende a ninguén que comercialicen un lector de tarxetas de memoria 55-en-1, pero o modelo que veñen de incorporar ó catálogo de Brando aproveita que se ocupa un porto USB do ordenador para integrar un concentrador USB 2.0 (ou sexa, que serve para conectar 2 dispositivos USB de alta velocidade) así como tamén fai de interface Bluetooth (o que serviría para conectar dispositivos sen fíos con tal tecnoloxía ó PC).
Temos así un dispositivo que, aparte de ler e escribir en 55 tipos distintos de tarxetas de memoria, incrementa as posibilidade de conexión doutros periféricos ó PC.

PUBLICIDADE