Un móbil inclúe un compartimento para un auricular Bluetooth

martes, 27 de novembro do 2007 Marcus Fernández

A tecnoloxía fai posible que cada día os móbiles sexan máis pequenos, pero a compañía chinesa Naxing quixo aproveitar a redución de tamaño para dotar ó seu terminal NX788 dun compartimento que serve para gardar un auricular Bluetooth, o que podería ser sumamente práctico para o usuario, aínda que se trata dunha prestación que sorprende por carecer de precedentes.
O NX788 é un móbil GSM de dobre banda, con conectividade Bluetooth (soporta A2DP), cámara CMOS de 1,3 Mpíxeles, lector de tarxetas microSD, reprodución de MP3 e MP4, pantalla táctil QVGA con recoñecemento de escritura e funcionalidade dual SIM (ou sexa, permite inserir no seu interior 2 tarxetas de telefonía distintas, o que resulta especialmente útil para usuarios que teñan unha liña persoal e outra profesional).
O revolucionario terminal tamén permite o uso de dúas tarxetas SIMEste novo terminal se vende en Hong Kong a uns 190 dólares (128 euros).

PUBLICIDADE