Un novo proxecto convida ós internautas a axudar a catalogar galaxias

luns, 16 de xullo do 2007 Marcus Fernández

Os amantes á astronomía poden colaborar a través da Internet na elaboración dun censo de millóns de galaxias organizado por científicos das universidades británicas de Oxford e Portsmouth e da norteamericana Johns Hopkins.
O sistema bautizado coma Galaxy Zoo amosa imaxes captadas polo telescopio Sloan Digital Sky Survey cunha resolución de 142 Mpíxeles de xeito que os internautas poden contemplar as fotografías para distinguir se as galaxias detectadas son elípticas ou espirais, fusións ou estrelas (para o que podemos practicar antes con imaxes publicadas na web).
Os científicos pretenden realizar esta catalogación de galaxias de xeito colaborativo xa que consideran que “o cerebro humano é mellor que un ordenador para esta labor de recoñecemento”. Así, a colaboración resulta importante tanto se é duns poucos minutos ata se é de moitas horas.
Agardan que este sistema sexa tamén divertido para os usuarios, que mesmo poderían descubrir algunha galaxia nova, e agardan ter os primeiros resultados deste proxecto nos vindeiros meses (estimando a participación de entre 20.000 e 30.000 persoas).