Un proxecto de Kickstarter mellorará a versatilidade do iPad
venres, 22 de xuño do 2012
O fabricante de accesorios
modulR súmase á moda de Kickstarter como xeito de financiar os seus novos
produtos, no que poderÃa considerarse como un xeito de aceptar reservas de
accesorios que parecen un éxito seguro, á vez que conseguen certa notoriedade.
Deste xeito principia un
proxecto en Kickstarter que busca xuntar 10.000 dólares antes do 20 de xullo
(aÃnda que posiblemente cheguen a tal obxectivo en poucas horas) para fabricar
os accesorios para iPad Swing Mount, Swind Mount Pro e Touch Case.
O Swing Mount é unha
especie de soporte para iPad que permite abatelo e xiralo, permitindo instalar o
tablet de xeito fixo en case calquera lugar. AÃnda que o iPad pode extraerse
desta orixinal base en calquera momento, pensando en usos profesionais como
feiras ou puntos de información públicos contará cunha versión Pro que conta cun mecanismo
de peche.
A Touch Case é
unha funda protectora para o iPad que non só protexe o novo iPad ou o iPad 2
durante o seu transporte e uso, senón que tamén facilita a instalación de
correas na mesma para levar o tablet pendurado e tamén conta cunha cuberta que
pode servir de soporte para o iPad (dun xeito semellante a como fai a Smart
Cover de Apple).
Todos os mecenas deste proxecto, aparte de poder adquirir produtos de modulR,
recibirán de balde unha
luva de neopreno que pode colocarse na parte traseira do iPad para garantir
unha suxeición seguro do tablet, evitando que escape das nosas mans durante o
seu uso.
VÃdeo promocional do proxecto de modulR en Kickstarter