Un sistema 5.1 con altofalantes do tamaño de pelotas de golf

venres, 25 de maio do 2007 Marcus Fernández

O vindeiro mes de xullo Sony porá á venda por 800 euros un sistema de con e cine en casa que presume de tamaño reducido, xa que o Sony DAV-IS10 é un sistema 5.1 que conta cun grande subwoofer que destaca por ir acompañado por altofalantes satélite do tamaño dunha pelota de golf. O equipo frontal reparte así 450 W de potencia e 2x100 W do subwoofer e 50 W en cada satélite.
O reprodutor de DVD que vén co equipo conta con saída HDMI, e adapta os contidos reproducidos a 720 liñas en progresivo ou 1.080 liñas en entrelazado, estando tamén preparado para a tecnoloxía de sincronización Bravia Theatre que permite controlar todo cun único mando a distancia.

PUBLICIDADE