Un spyware faise pasar por unha actualización de Adobe Flash
mércores, 9 de setembro do 2009
Dende Trend Micro
advirten da existencia dun spyware
chamado TSPY_EBOD.A que faise pasar por unha actualización do Adobe Flash
Player, e que tras a súa execución instala unha extensión no
navegador Firefox chamada Adobe Flash
Player 0.2, que inxecta anuncios
nos resultados de busca de Google.
Resulta curioso que este tipo de software malicioso estea orientado ao Firefox
en vez de ao Internet Explorer, de xeito que os usuarios de navegadores minoritarios deberÃan estar máis alerta,
pois comezan a ser obxecto de ameazas de seguridade.
