Un trebello quere recuperar o espÃrito dos libroxogos e das aventuras conversacionais
luns, 17 de febreiro do 2025
O 1 de marzo vai botar a andar a campaña de micromecenado para facer realidade un trebello moi interesante: a Ink Console. Trátase dun hÃbrido entre lector de libros electrónicos e consola de videoxogos que quere redefinir as experiencias narrativas convertendo a lectura nun proceso interactivo inspirado nas clásicas aventuras conversacionais e nos libros de Elige Tu Propia Aventura (popularizados en España por Timun Mas nos anos 80).
A Ink Console será un dispositivo cunha pantalla de tinta electrónica de 7,5 polgadas cunha resolución de 480 x 800 pÃxeles, un mando analóxico e un potenciómetro, asà como con altofalantes estéreo (xunto con toma para auriculares e Bluetooth), baterÃa de 5.00 mAh e lector para tarxetas SD que busca servir de dispositivo de lectura de aventuras nas que, cada certo tempo, deixa o control en mans do usuario para que elixa o camiño a seguir, aÃnda que cunha interacción maior que simplemente saltar entre páxinas, xa que tamén contarÃa cun sistema de inventario para os obxectos que vaiamos recollendo.
Esta mecánica de xogo era moi popular nos tempos do ZX Spectrum, con compañÃas como Dinamic comercializando unha chea de xogos grafico-conversacionais como Don Quijote ou La Aventura Original, tÃtulos que os responsables deste proxecto consideran que poderÃa adaptarse de xeito doado ao novo trebello, asà como outros tÃtulos con elementos máis propios dos xogos de rol.
O equipo detrás da Ink Console xa ten un prototipo funcional da máquina, e está a esforzarse agora nos libroxogos cos que funcionará, que poderán cargarse a través de tarxetas SD, contando inicialmente cuns poucos tÃtulos, pero abrindo a posibilidade creadora á comunidade de usuarios a través dun SDK accesible incluso para afeccionados á creación literaria que non teñan coñecementos de programación.
Este proxecto chega da man do chinés Daniel Puchau, a quen recentemente se uniu o programador catalán Rafa Laguna, o que engade unha maior confianza ao proxecto que verá a luz inicialmente en inglés e español (o que pode ser un sinal do fondo que callou no seu dÃa o formato dos libroxogos en España).