Un videoproxector para cativos
mércores, 31 de outubro do 2007
O SuperCineXin era un proxector de cine doméstico
dirixido ós cativos da casa que agora ten un relevo impresionante, o proxector
de vÃdeo fabricado por Senario, que pode ser un complemento ideal para o
lecer electrónico dos rapaces, xa que permite
proxectar unha imaxe de ata 60 polgadas cunha resolución de 940 x 240 pÃxeles
que, aÃnda que non resulte elevada, permite ver pelÃculas en DVD, imaxes de cámaras
dixitais ou botar partidas coa videoconsola, xa que acepta entradas por
compoñentes.
O Torpedo
Projector ten un pequeno tamaño, inclúe un altofalante integrado (con
control de volume) e funciona cunha lámpada de 35 W (doada de cambiar, e cun
prezo moderado). Serve para proxectar imaxes tanto na parede coma no teito,
polo que os nenos terán un sistema de cine en casa moi peculiar por entre
149,99 e 169 dólares (entre 103,79 e 116,94 euros).
Nos EE.UU. véndese en cadeas coma Wall-Mart, Target ou Bestbuy, polo que non
serÃa sorprendente velo nas tendas españolas antes do Nadal.