Un xulgado de Ferrol sobresé a causa contra 3 páxinas web de descargas
venres, 4 de febreiro do 2011Cando a Lei Sinde
aÃnda está sen aprobar continúan a chegar sentenzas xudiciais que poñen en
dúbida a creación de medidas que permitan o peche de certas páxinas web que os
xuÃces consideran que non constitúen delito, coma o sobresemento da causa
contra as páxinas web estrenosdivx.com, limitedivx.com e limitetracker.com por
parte do Xulgado de Instrución nº 3 de Ferrol nun auto que parte dunha
denuncia dun particular ante a Brigada de Investigación Tecnolóxica do Corpo
Nacional de PolicÃa en 2006, que acadara certa repercusión mediática e que finalmente
quedou en nada (como vén a ser a dinámica habitual neste tipo de causas).
Durante a operación policial contra as mencionadas páxinas web detivéronse a 10
persoas e clausuráronse 21 sitios web, aÃnda que no auto mencionado volve a
incidirse no feito de que enlazar contidos non constitúe delito, de aà que a
causa sobreséase de xeito provisorio.