Unha aplicación móbil quere cabanizar aos veciños de Cabana de Bergantiños
venres, 11 de abril do 2014
O alcalde de
Cabana de Bergantiños, José Muiño, e o director executivo de eLABORO, Jesús
Velasco, presentaron hoxe a aplicación CabanÃzate, dirixida a facilitarlles aos
veciños unha nova vÃa de interacción co concello. Nun acto desenvolvido en
Neaño e ao que asistiron membros do Goberno local, persoal do concello, das
empresas concesionarias e representantes de diversos colectivos sociais de
Cabana, MuÃño e Velasco explicaron as múltiples vantaxes que vai representar
esta ferramenta tecnolóxica a prol da notificación de avisos por parte da
poboación cabanesa. A aplicación está xa dispoñible para a súa descarga
gratuÃta en Google Play, para smartphones con Android, e na App
Store para iPhone.
Segundo
sinalaron, a principal función de CabanÃzate é a de pór nas mans dos veciños
unha ferramenta coa que informar en calquera momento e lugar de incidencias
detectadas en mobiliario ou espazos que dependen do concello: alumeado, recollida
do lixo, rede de sumidoiros, instalacións municipais… As notificacións
derÃvanselles ás persoas responsables de cada área, incluÃndo as empresas
concesionarias, que poderán facer un seguimento constante da xestión das
incidencias, desde que se coñece ata que se resolve. Pola súa parte, o cidadán
tamén terá constancia, tanto da recepción do seu aviso como da solución do
problema, a través de mensaxes que recibirá directamente no dispositivo desde o
que enviou a notificación.
Trátase asÃ
de potenciar a eficacia e a transparencia na xestión das incidencias que se
produzan na localidade de Cabana, ao tempo que se lle facilita á poboación unha
nova vÃa de comunicación co concello. Neste sentido, o alcalde fixo un
chamamento á colaboración cidadá para poñer en coñecemento dos responsables
locais calquera incidencia co obxectivo de lograr, coa implicación de todos, a
máxima axilidade na súa solución.
Esta nova ferramenta
móbil é unha integración da solución City4 de
eLABORO, que tamén está a implantarse en Arzúa, A Estrada, Barreiros,
Cuntis, Santa Comba, Xove, Cariño, Xinzo de Limia, AbadÃn e O Grove, asà como
fóra de Galicia.
- A nova aplicación móbil conta xa con versións operativas para Android e iOS