Unha aplicación para iPhone facilita a comprobación dos nosos décimos da LoterÃa de Nadal
mércores, 14 de decembro do 2011
O ano pasado Ideateca conseguiu un grande éxito na App Store
coa súa aplicación LoterÃa Navidad,
que permitÃa introducir os números dos nosos décimos da LoterÃa de Nadal para
non ter que comprobalos unha a un tras o sorteo do 22 de decembro (podendo
incluso consultarse os décimos durante a celebración do sorteo), e para atender
a demanda deste tipo de aplicacións, veñen
de publicar unha nova versión que actualiza os seus datos para o Sorteo de LoterÃa
de Nadal de 2011 e que pode descargarse
de balde para iPhone e iPod Touch.
Este tipo de aplicacións son moi frecuentes nestas datas, existindo diversas
alternativas tanto na App Store coma no Android Market, demostrando o atractivo
que teñen as aplicacións cunha aplicación directa a tarefas cotiás.