Unha empresa española recibirá un Oscar técnico
xoves, 10 de xaneiro do 2008
- Ignacio Vargas e Víctor González (Next Limit) nunha imaxe captada para El País
Os españois Víctor González, Ignacio Vargas e Ángel
Tena recollerán
o vindeiro 9 de febreiro un Oscar técnico polo desenvolvemento da aplicación
informática RealFlow,
que xa é un estándar da industria cinematográfica para simular o comportamento
de fluídos de xeito realista.
Así, a empresa madrileña Next Limit verá coma o seu traballo durante os últimos
10 anos é recompensado cun galardón que elevará aínda máis a súa marca. RealFlow
xa se empregou para simular os efectos sonoros e visuais de líquidos en películas
coma El Señor de los Anillos, Ice Age 2,
Charlie y la Fábrica de Chocolate ou
Poseidón.
Víctor González asegurou que aínda que o premio non estea dotado
economicamente, proporciona
a súa empresa «a mellor publicidade e
marketing que existe na industria do cine mundial».
A aplicación premiada, RealFlow, véndese a
2.700 euros, aínda que as empresas mercan normalmente múltiples licenzas e
renovan o programa anualmente, vendendo
xa máis de 7.000 licenzas deste programa, principalmente a fóra de España.
Next Limit conta con 30 empregados en Madrid e 1 en Los Ángeles, que desenvolve
labores de formación nos EE.UU., aínda que planean abrir unha oficina
permanente alí no futuro.