Unha solución tecnolóxica facilitará a monitorización do estado de saúde nas residencias galegas
mércores, 27 de setembro do 2023
O proceso de toma
de biomedidas das persoas que viven nas residencias de maiores e de atención a
persoas con discapacidade que dependen da Xunta será sensiblemente máis doado e
eficaz para os profesionais mediante unha
solución tecnolóxica que este ano está a ser implantada en 22 centros de
Galicia.
O sistema é o
resultado da colaboración entre a ConsellerÃa de PolÃtica Social e a AMTEGA,
que contan para a súa implantación, soporte e mantemento coa compañÃa galega
Coremain. Esta solución avanzada forma parte da aposta da Xunta por un novo
modelo residencial que incorpora as vantaxes da tecnoloxÃa para a prestación
dun servizo máis eficiente e personalizado.
As residencias
contarán con estacións portátiles, ou carros de enfermarÃa e
monitorización de pacientes coas que os profesionais poden recoller a tempo
real as constantes vitais e incorporalas de forma automática no sistema de
xestión das residencias.
Nesta primeira
fase de implantación, as estacións de traballo dispoñen de dispositivos
multiparamétricos homologados e con conectividade Wi-Fi como tensiómetro,
pulsioxÃmetro, báscula e glicómetro, entre outros. Unha das caracterÃsticas
principais do sistema e a escalabilidade, coa posibilidade de incorporar novos
dispositivos, como dermatoscopio ou cámara de fondo de ollo. Destaca tamén pola
súa autonomÃa e facilidade de uso por parte dos profesionais, que dispoñen dun
monitor que permite visualizar as biomedidas tomadas por cada dispositivo.
Os equipos
incorporan unha cámara que pode ser habilitada para facer fotografÃas ou ler
códigos QR e de barras para identificar as persoas residentes. Están preparados
tamén para poder realizar no futuro teleconsultas.
O proceso de implantación deste sistema comezou o
pasado mes de xullo na residencia de maiores da Pobra do Caramiñal e, ata
finais de ano, será instalado no centros de atención a persoas con
discapacidade da Coruña, de Chapela-Redondela e Sarria; nos complexos
residenciais de atención a persoas dependentes Vigo I e Vigo II; e nas
residencias de maiores da Milagrosa (Vigo), As Gándaras (Lugo), Carballo, A
Estrada, Burela, Campolongo, Caranza-Ferrol, Castro Caldelas, MarÃn, Oleiros,
Santiago de Compostela, Monforte, Nosa
Señora dos Miragres (Ourense), Torrente Ballester (A Coruña), Volta do Castro
(Santiago) e Carballiño.