Unha xornada amosará as aplicacións industriais da computación cuántica

luns, 26 de setembro do 2022 Redacción

O vindeiro 6 de outubro ás 12:30 horas o GaiásTech acollerá un relatorio sobre Computación cuántica na industria, na que o experto na materia, Lois Orosa Nogueira, director do Centro de Supercomputación de Galicia, abordará os principios da computación e as comunicacións cuánticas, o estado da arte e as súas aplicacións, principalmente na industria e noutros sectores como o sanitario, o financeiro ou o das TIC.
Tamén participarán na xornada Julián Cerviño Iglesia, director da AMTEGA, e Julio Sánchez Agrelo, presidente da AETG. Os interesados nesta actividade poden inscribirse en liña, indicando se queren acudir presencialmente ou se prefiren gozar da xornada remotamente (xa que poderá seguirse a través de streaming).