Unhas lentes con vídeo permiten facer menos traumáticas as visitas ó dentista

venres, 26 de outubro do 2007 Marcus Fernández

O fabricante RelaxView argallou un kit destinado ó seu uso no dentista para desviar a atención do paciente para aturar mellor a dor. O RelaxView 5.0 Dental Pack combina o RelaxView 3.0 HMD (unhas lentes con pantallas integrada), un reprodutor multimedia e un kit de limpeza.
O RelaxView 3.0 tamén se pode mercar fóra do orixinal pack dental por 399 euros, e achéganos a impresión de ver unha pantalla de 140 centímetros a 3 metros de distancia grazas á súa pantalla de 640 x 480 píxeles que soporta entradas tanto PAL coma NTSC.
Estas lentes inclúe auriculares stereo, teñen unha autonomía de 5 horas (recargándose a súa batería por USB) e só pesan 59 gramos.

PUBLICIDADE