Uns auriculares permiten usar o iPod shuffle sen cables

xoves, 24 de maio do 2007 Marcus Fernández

O iPod shuffle é un dos reprodutores multimedia máis vendidos do mercado grazas ó atractivo do seu reducido tamaño e ó seu formato de pinza, que permite levar o dispositivo comodamente prendéndoo a case calquera elemento da roupa do usuario, pero a empresa Monster Cable quixo tirar proveito do éxito de Apple lanzando uns auriculares deseñados para albergar un shuffle librándose o usuario dos molestos cables, o que resulta especialmente atractivo para os que desenvolvan actividades físicas mentres escoitan música.
Os auriculares iFreePlay véndense a 49,95 dólares (37,21 euros) e convértense nun accesorio moito máis práctico que levar o iPod shuffle no cinto ou nun brazalete, mentres tamén permite un acceso doado ós controis do reprodutor.

PUBLICIDADE