Usar o ordenador dende a cama

venres, 6 de outubro do 2006 Marcus Fernández

Levar un ordenador portátil por tódalas partes da casa é algo doado, pero afastar un ordenador de sobremesa do escritorio resulta moito máis complicado, aínda que moitos usuarios estean afeitos a empregar o ordenador como reprodutor multimedia que lle permite ver películas dende o sofá ou a cama, pero o seu uso a distancia é complexo, xa non por poder contar con teclados e ratos sen fíos, senón porque estes dispositivos precisan dun soporte para o seu uso. Así, para satisfacer esta demanda lanzan o Phantom Wireless Lapboard, que é un conxunto de teclado e rato sen fíos que se integran nun soporte que non permite o uso do ordenador a distancia.
O soporte está composto por dúas pezas unidas nun ángulo de 22 grados e que se pode empregar tanto por zurdos como por destros.
O Phantom Wireless Lapboard só precisa para funcionar dun porto USB, é compatible con ordenadores con Windows e Mac OS X, e véndese por 129,95 dólares.

PUBLICIDADE