VIA e Mecer crean un PC educativo destinado ó continente africano

martes, 10 de xullo do 2007 Raquel Noya

A entidade VIA Technologies, Inc, creadora da tecnoloxía de chips de silicio e solucións de plataforma de PCs, xunto con Mecer, un dos fabricantes de ordenadores líder en Sudáfrica veñen de anunciar o novo PC Educativo Mecer, adecuado especialmente para as pobres infraestructuras eléctricas de África.
O devandito computador funciona cun procesador de sobremesa de 1.5 Hz VIA C7-D que potencia a eficiencia enerxética deste continente adaptándose á perfección ás pobres infraestructuras eléctricas das que dispoñen.
O ordenador educativo Mecer mellora o estándar dos ordenadores para uso académico e amóldase ás diversas esixencias enerxéticas dos ordenadores educativos dirixidos ó continente africano.
A través deste dispositivo, VIA Technologies, Inc. amplía a súa misión de levar o acceso á informática e as comunicacións a novos usuarios e ó empregar o procesador VIA C7-D, Mecer é quen de ofrecerlle ós seus consumidores unha solución punteira para ordenadores de sobremesa que satisfaga as demandas específicas da rexión, “con niveis excepcionais de rendemento e de eficiencia enerxética”.
Segundo afirman os seus creadores, “o Goberno e as organizacións en África do Sur están cambiando o xeito de tomar as decisións e agora teñen máis seriamente en conta o equilibrio entre o rendemento do ordenador, a fiabilidade e o coste total de propiedade”, uns criterios que o procesador VIA C7-D proporciona a un prezo atractivo.
Características do PC educativo Mecer
Procesador: Procesador de sobremesa VIA C7-D de 1.5XHZ
Chipset: Ghip IGT de medios Dixitais VIA CN700
Gráficos: VIA UniChromo Pro II con un procesador gráfico 3D/2D integrado con un acelerador decodificador de harware MPEG-2.
Memoria: Máis de 2XB de DDR2 400/533 SDRAM
Disco Duro: 3.5”IDE/SATA
Dispositivo óptico: Opción de 5.25” CD y/o DVD
Periféricos: Teclado PS2 e Mouse óptico