Varios informáticos posan para un Calendario Tórrido
xoves, 20 de decembro do 2007
Tralas pelÃculas Full Monty e Las Chicas del
Calendario, a elaboración de calendarios con persoas espidas para achegar
fondos para iniciativas solidarias (ou non tanto) espállase por todo tipo de
colectivos, sen esquecer o sector das TIC. Póñense asà á venda 500 copias do Calendario
Tórrido, no que 12 + 1 profesionais do mundo da informática
(entre os que hai galegos) posan con pouca roupa para colaborar
coa organización Human Care International que traballa en Nova Delhi.
Cada calendario véndese a 12 euros, e nas súas páxinas se pode ver a Lluis Franco,
Chico Maravillas, Miguel Jiménez, Fernanbanjo, Damisela Salgado, Unai Zorrilla,
Ivan González, Paniagua, McPegasus, Rodrigo Corral, José Manuel Alarcón,
BenjamÃn Mateos e El Maligno, que adornarán as paredes de moitas oficinas por
unha boa causa.