Venden no Brasil un clon da Master System de SEGA
luns, 11 de agosto do 2008
A consola de 8
bits Master System de SEGA parece unha reliquia do pasado, pero o fabricante
brasileiro Tec Toy ten licenciado o seu propio clon, e vén de renovar a súa
aparencia exterior, de xeito que nos vindeiros dÃas se
poderá mercar por 239 reais (uns 98 euros) a nova Master
System 3, que destaca por incluÃr 131
xogos precargados na consola con clásicos coma Sonic, Alex Kidd, Altered Beast, Golden Axe, Shinobi, Rastan Saga,
Bubble Bobble, Columns ou Kung Fu Kid.
A Master System 3 presenta unha carcasa bastante atractiva, mide 26,1 x 5,4 x
17,2 centÃmetros, pesa 851 gramos, inclúe 2 mandos e funciona baixo a norma PAL-M. O seu prezo é un pouco elevado (aÃnda que é de agardar que se poida
adquirir por uns 199 reais coma o seu modelo anterior), pero resulta unha boa
solución tanto para nostálxicos como para pais que non queiran preocuparse de
mercar máis xogos aos seus cativos durante meses (dada a ampla oferta de
tÃtulos incorporados de serie).