Verbatim aumenta a capacidade do seu disco duro portátil
martes, 6 de marzo do 2007
A tecnoloxÃa é como a teorÃa da evolución, pero sen erguer o pe do acelerador. Quen ande ben esperto poderá albiscar nun trebello calquera de hoxe en dÃa a feitura e as caracterÃsticas que terá dentro de cinco anos. Por exemplo: cando hai anos vimos os primeiros móbiles que eran como as radios dos soldados da Segunda Guerra Mundial, pensamos: isto non pode ser (asà de intelixentes fomos). Emporiso, era de caixón que os discos duros acabasen por saÃr dos computadores, con pernas ou sen elas.
O que vén de presentar Verbatim ben poderÃa ser un bo exemplo de que nisto da tecnoloxÃa aÃnda é posible rastrexar un aquel de lóxica. Un disco duro que se pode levar de aquà para alá, cun deseño que pode gustar ou non (pero cun deseño, a fin de contas) e con 12 xigas de capacidade e o mesmo peso ca modelos previos con menos memoria: 28 gramos.
Chámase Store´n´Go e inclúe Mobile Launchpad co fin de poder inserir programas e ferramentas diversas para poder executalas logo de xeito directo. Neste trebello (ben administradas e dispostas) collen até 3.000 horas de música, 8 horas de vÃdeo ou até 6.000 imaxes dixitais. O seu prezo é de 150 euros.