Verónica Bolón galardoada pola Real Academia de IngenierÃa
mércores, 8 de novembro do 2023
A Real Academia
de IngenierÃa vén de
facer pública a concesión dos Premios Novos Investigadores do ano 2023.
Entre as premiadas atópase a profesora e investigadora da Universidade da
Coruña Verónica
Bolón Canedo, quen acadou unha das medallas outorgadas pola institución.
A Medalla
concédeselle polas súas contribucións na área da aprendizaxe de máquina, onde
as súas investigacións resultan altamente citadas. Segundo a
institución, os seus traballos destacan pola súa variada aplicación social,
abarcando áreas como o diagnóstico de retinopatÃa, a corrección automática de
exames no ámbito educativo e, ultimamente, nunha nova área da intelixencia
artificial que busca desenvolver métodos computacionais máis eficientes e
respectuosos co medio ambiente.
Bolón Canedo é
profesora Titular da área de Ciencia da Computación e Intelixencia Artificial e
pertence ao grupo de investigación Laboratorio de Investigación e
Desenvolvemento en Intelixencia Artificial (LIDIA) da UDC.
Autora de
numerosos artigos cientÃficos e varios libros completos, asà como capÃtulos de
libros, coa súa investigación recibiu o Premio Frances Allen á mellor tese de
doutoramento realizada por unha muller en Intelixencia Artificial, concedido
pola Asociación Española para a Intelixencia Artificial no ano 2015, e o Premio
Dona TIC Revelación da Generalitat de Cataluña no 2020. Nese mesmo ano
2020, tamén foi seleccionada como Académica de Número da Academia Joven
de España como recoñecemento á súa excelente traxectoria cientÃfica e
profesional. Ademais, desde
o ano 2022 é Académica Correspondente da Real Academia de Ciencias FÃsicas,
Exactas e Naturais de España.
Cabe salientar
tamén o seu compromiso
co fomento da vocación cientÃfico tecnolóxica entre as rapazas, coordinando o
nodo da Coruña do proxecto Inspira STEAM e participando en numerosas
actividades de divulgación; asà como coa lingua galega. De feito, Bolón forma
parte do catálogo
de referentes no uso do galego que publicou onte, dÃa 7 de novembro, a
Asociación de Entidades Locais pola Lingua Galega (Alingua).
A Medalla da Real
Academia de IngenierÃa seralle entregada o vindeiro 21 de novembro nun acto que
terá lugar na sede da institución, en Madrid.
