Vine chega a Windows Phone a través dunha aplicación non oficial
luns, 15 de xullo do 2013
Unha das principais eivas de Windows Phone 8 é para motos
a falta de aplicacións, e aÃnda que os principais servizos en liña contan con
aplicación oficial, algunhas ferramentas resÃstense a chegar ao mesmo tempo que
as súas versións para iOS e Android, o que leva á aparición de clientes
alternativos, e ao igual que Instance
facilita o uso de Instagram dende Windows Phone, hai poucas horas chegou 6Sec
para facilitar o uso de Vine (plataforma para crear e compartir vÃdeos en bucle
de 6 segundos de duración) dende os móbiles co sistema operativo de Microsoft.
Esta aplicación de balde permite atopar, seguir e interactuar con outros
usuarios de Vine, explorar os temas de moda, hashtags e seccións do editor,
buscar Vines, compartir Vines en Twitter e Facebook... pero esta ferramenta ten
unha importante limitación: para pode sufragar a infraestrutura de conversión
de vÃdeos para facelos compatibles con Vine, a funcionalidade de cargar Vines
precisa dun pagamento para o seu desbloqueo (aÃnda que pode realizarse nun par
de ocasións de balde a xeito de proba). A publicidade dentro da aplicación
tamén pode eliminarse mediante pagamento.
6Sec é obra de Rudy Huyn, creador doutras aplicacións moi populares para
Windows Phone como un
cliente da Wikipedia e o
lector de novas Fuse.