Vine transformarase nunha aplicación de cámara
venres, 16 de decembro do 2016
En outubro Twitter
anunciou que pecharÃa a súa aplicación Vine, que foi perdendo pulo nos
últimos meses ata converterse practicamente en irrelevante ante a vampirización
das súas funcionalidades por outras ferramentas como Instagram e o propio
Twitter, e agora detallan que a súa aplicación móbil xa conta coa posibilidade de
gardar os vÃdeo que publicaramos no pasado en Vine.
Adiantan que en breve van incorporar a función de seguir en Twitter ás persoas
que estivésemos seguindo en Vine e, como detalle máis importante, dan conta que
durante
o mes de xaneiro procederán a unha transformación da aplicación de Vine en Vine
Camera, que serÃa unha ferramenta centrada en crear vÃdeos de 6 segundos en
bucle que poderemos publicar directamente en Twitter ou gardalos no móbil.
AÃnda que que temÃase á eliminación total dos contidos de Vine, polo momento os
contidos publicados nos últimos anos manteranse vivos na páxina web Vine.co.
