Vitae Consultores celebra os seus 15 anos dende a vangarda da formación transformadora
martes, 6 de abril do 2021
Vitae
Consultores, un dos nosos grandes referentes en formación
avanzada para profesionais do ámbito tecnolóxico e transformador (e
tamén doutros sectores punteiros), está estes días de celebración.
Concretamente, a conmemoración dos seus 15 anos de vida, tres
lustros de intensa actividade acompañando ás nosas empresas e aos
equipos humanos que acubillan nos seus procesos de actualización e
adestramento tecnolóxico (e poñendo ao seu alcance múltiples
cursos sobre diversas temáticas relacionadas coa xestión, a
comunicación ou o desenvolvemento informático).
En
cuestión de cifras, sinalar que o longo deste tempo a consultora
galega foi quen de formar a máis de 22.000 profesionais do sector
das Tecnoloxías da Información (TI), amais de ter realizado máis
de 1.000 procesos de selección do sector e entrevistado a máis de
12.000 candidatas e candidatos deste ámbito empresarial.
“Estamos
moi agradecidos de axudar a lado humano do sector TI, co noso
traballo e esforzo e como sempre vivindo o presente tal e como vén,
adaptándonos ás circunstancias con realismo”, sinalan dende
Vitae, facendo chegar o seu fondo agradecemento “a todas as
persoas, empresas e entidades que axudaron ou participaron a facelo
posíbel cada día, colaboradorxs, clientes, candidatxs, etc”.