Vitae Consultores chega aos 21.000 profesionais formados
mércores, 9 de decembro do 2020
A
consultora galega Vitae
vén de facer balance da súa actividade formadora nas máis
avanzadas tecnoloxías, recursos e metodoloxías para axudar aos
nosos profesionais e empresas a ser máis competitivos, rendibles,
innovadores, eficaces e eficientes, unha actividade (con cursos e
obradoiros para profesionais e de formato interno para as empresas)
que comezou xa hai 14 anos e que, coa chegada de pandemia, demostrou
estar perfectamente preparada para adaptarse á nova situación, a
través da Aula Virtual plenamente operativa dende marzo deste mesmo
ano.
Segundo
fai saber Vitae, a consultora foi quen de chegar á cifra dos 21.000
profesionais formados dende hai 14 anos, os últimos 1.000 a través
da formación online en directo ou Aula Virtual, dende marzo
de 2020.
En
formación engloba as áreas de Operación, Xestión e Dirección,
destacando os cursos de Dirección de Proxectos con Scrum coa súa
35ª edición que se vai a impartir agora en decembro, o Curso Power
BI coa súa quinta edición, os Cursos de Machine Learning, de
Testing con Angular, de React Avanzado, de Cadros de Mando de
Recursos Humanos, de ITIL coa súa novena edición, o de Xestión de
Proxectos con PMI® coa súa 21ª edición, o de Xestión do tempo en
proxectos e equipos Áxiles, ou o de Clean Code coa súa 11ª
edición, entre outros moitos.
Ademais
Vitae excedeu a cifra dos 11.000 profesionais entrevistados nestes 14
anos para os seus procesos de selección, destacando o aumento de
postos directivos e de xestión de proxectos neste ano.
A
consultora tamén salientou no seu balance o desenvolvemento actual
de todos os seus servizos en liña, tanto de formación como de
selección, adaptándose ás necesidades de cada cliente e de cada
situación
