Vitae Consultores introdúcenos nas vantaxes de crear proxectos coa metodoloxía PM2

mércores, 9 de novembro do 2022 S. P.

Vitae Consultores vai organizar esta tempada un obradoiro online moi indicado para mellorar o día a día das persoas que se adican a materializar proxectos tecnolóxicos avanzados, actualizando e optimizando non só as metodoloxías de traballo senón o ambiente laboral e o resultado final de cada proxecto. O curso Dirección e xestión de proxectos baixo a metodoloxía PM2 desenvolverase en formato de aula virtual os días 21, 23, 28 e 30 de novembro. Terá 10 horas de duración.
Cubrirá unha metodoloxía de xestión desenvolvida e soportada pola Comisión Europea. O cometido non é outro que facer accesíbel aos equipos de proxectos unha forma efectiva de traballar en TI.
Segundo informa a consultora galega Vitae, PM2 aporta un contido “sinxelo e doado de aplicar en calquera tipo de proxecto” a través dunha ferramenta que foi desenvolvida para adaptarse ás necesidades específicas, a cultura e as restricións das institucións e administracións públicas europeas. Ademais, incorpora elementos de boas prácticas, estándares e metodoloxías globalmente aceptadas. Os obxectivos principais do curso son os seguintes:
-Dar a coñecer e consolidar o coñecemento sobre a metodoloxía de xestión de proxectos que a CE creou para as súas institucións e provedores das mesmas.
-Preparar ás persoas asistentes no uso dos distintos artefactos (modelos, documentos, rexistros) que PM2 prové xunto co corpo de coñecemento.
O curso está dirixido a profesionais con experiencia na xestión de proxectos e servizos, a responsábeis de unidades de negocio, directivos e empresarios que desexen adquirir unha visión consolidada da dirección de proxectos.
Tamén está dirixido a perfís con menos experiencia profesional que queiran desenvolver a súa carreira profesional nesta área da xestión.
A persoa encargada de impartir os contidos será Javier Rosa, enxeñeiro industrial pola Universidade Carlos III de Madrid. A día de hoxe é director de Servizos e director técnico en Media Markt, e dirixe unha empresa de consutoría especializada en dirección de proxectos, implantación de sistemas de xestións por procesos, outsourcing e formación.

PUBLICIDADE