Vitae achega en febreiro a 4ª edición do seu curso sobre ciberseguridade no posto de traballo
mércores, 8 de xaneiro do 2025
Co inicio do novo ano Vitae Consultores quere poñer o foco nunha das cuestións tecnolóxicas que máis retos e desafÃos suscita, e que máis inquedanzas e dúbidas xera nas empresas: a ciberseguridade. Na relación de actividades formativas de Vitae para este arrinque de 2025 atópase a nova edición dunha actividade de gran relevancia para acadar contornas laborais seguras: o curso Introdución á ciberseguridade TIC no posto de traballo, impartido por un dos máis destacados expertos galegos en materia de protección tecnolóxica: Gonzalo Sotelo.
O curso, que chega neste inicio de ano á súa cuarta convocatoria, vén con 6 horas de contidos. Desenvolverase os dÃas 4 e 6 de febreiro, en formato de aula virtual con clases en directo e acceso ás sesións gravadas para a súa posterior consulta.
Segundo informa Vitae, a través desta actividade formativa achegarémonos aos coñecementos e recursos precisos para garantir a seguridade TI na nosa empresa ao tempo que poderemos concienciarnos coa necesidade de sermos parte activa da seguridade TI no eido laboral, integrándonos nos esquemas de protección que se atopen despregados e dando cumprimento a diferentes normais legais neste ámbito. Tamén se nos capacitará para automatizar as boas prácticas postas en xogo para manexar activos na nosa organización.
Este curso subministraranos os coñecementos e as ferramentas para protexer o noso posto de traballo de ameazas á seguridade TI, dende un uso axeitado dos recursos tecnolóxicos e de xestión ás normativas legais en materia de seguridade TI.
En definitiva, teremos ocasión de aprender o seguinte:
· Os fundamentos da seguridade informática no posto de traballo.
· Os fundamentos tecnolóxicos e a súa seguridade.
· Os regulamentos actuais en materia de seguridade da información como a RGPD e a LOPD.
· Pautas para previr riscos na seguridade TI no posto de traballo.
O curso está dirixido a todos os profesionais que empreguen as TecnoloxÃas da Información (TI) no seu dÃa a dÃa, de calquera sector ou área.
A formación terá unha duración de 15 horas, repartidas en cinco sesións de tres horas.
O encargado de impartir os contidos será Gonzalo Sotelo, responsábel do equipo de Investigación Tecnolóxica da Guardia Civil de Pontevedra. Sotelo é diplomado en PolicÃa Xudicial pola Universidade Complutense e en Investigación Tecnolóxica pola Garda Civil, Europol e Interpol. É formador en cursos relativos á seguridade informática e a investigación tecnolóxica. A dÃa de hoxe é garda civil e exerce como responsábel do devandito equipo pontevedrés dende a súa creación en 2003.