Vitae achega en outubro a segunda edición do seu curso de testing avanzado con Cypress
martes, 28 de setembro do 2021
Vitae
Consultores segue a competir detalles da completa axenda formativa
que ten preparada para este outono, un conxunto de recursos dos que
podemos botar man para actualizar coñecementos, ampliar horizontes
de capacitación tecnolóxica e, en definitiva, converternos en
mellores e máis cualificados profesionais. Desta volta, Vitae
achéganos en outubro (dÃas 25, 26, 27 e 28) unha nova edición (a
segunda) do
seu Curso sobre Testing e2e avanzado con Cypress (PDF), de doce
horas de formación en formato de aula virtual. Consiste nunha
proposta formativa para que sexamos quen de facilitar, axilizar,
simplificar e rendibilizar o noso traballo como desenvolvedores TIC.
En
palabras da consultora galega, estamos ante unha oportunidade para
automatizar unha parte fundamental do noso traballo: as probas de
aplicacións web. Seguindo Vitae, é nese punto onde comeza a
garantÃa de calidade dun proxecto.
O curso pon o foco en
Cypress, un recurso do que podemos botar man para definir e executar
os tests de maneira cómoda e sinxela.
Os
obxectivos desta actividade formativa son configurar e executar
probas con Cypress, simular interaccións de usuario complexas,
traballar con servizos de datos remotos e integrar ferramentas.
O
curso sobre testing avanzado con Cypress está dirixido
principalmente a programadores de aplicacións web con experiencia. É
válido para Angular, ASP.net, Java, PHP, React ou Vue, entre outros
recursos. Impartirase en modalidade de aula virtual con clases en
directo.
O formador será Alberto Basalo, enxeñeiro técnico
en Informática con dúas décadas de experiencia como analista
programador, xefe de proxectos e formador en pequenas e grandes
empresas. Basalo é, a dÃa de hoxe, socio director de AgoraBinaria e
consultor asociado a Vitae Consultores.
