Vitae achéganos á xestión de servizos tecnolóxicos baseada na ITIL
xoves, 8 de setembro do 2016
A
firma galega Vitae Consultores retoma este mes de setembro a súa
intensa actividade formativa. Un dos cursos desta andaina
post-vacacional propón un achegamento á administración avanzada de
servizos tecnolóxico-dixitais baseada nas boas prácticas de
xestión, desenvolvemento e operacións que brindan os conceptos
reunidos na Biblioteca de Infraestrutura de TecnoloxÃas de
Información (ITIL polas súas siglas en inglés). Trátase do Curso
de ITIL Foundations en IT Service Management (en PDF),
unha actividade formativa con opción a certificación e que se vai
desenvolver en Vigo (sexta edición) cunha duración de 20 horas (as
tardes do 3, 4, 5 e 6 do vindeiro mes de outubro). O curso será
impartido por un formador acreditado dun centro oficial e autorizado
de EXIN, que é provedor certificador de ITIL.
O
curso, segundo informa Vitae, brinda aos participantes o coñecemento
dos principios e elementos principais da xestión de servizos de TI
(ITSM) baseada nas boas prácticas definidas na ITIL. Asemade, ao seu
remate fornece a posibilidade de obter a certificación ITIL
Foundation in IT Service Management (última versión). O público
obxectivo ao que se dirixe esta actividade formativa son xerentes e
responsábeis de servizos e infraestruturas tecnolóxicas da
información, propietarios de procesos, responsábeis de aplicacións,
proxectos e negocios relacionados coas novas tecnoloxÃas e membros e
membros da xerencia de novas tecnoloxÃas relacionados co soporte e
entrega dos servizos.
Os
bloques temáticos son Xestión de servizo e
ciclo de vida do servizo, Estratexia de servizo, Deseño de servizo,
Transición de Servizo, Operación de Servizo
e Mellora continua do servizo.
O curso desenvolverase no Centro Social AFundación. O encargado de
impartir os contidos será Guillermo Hernández Fernández, enxeñeiro
superior en Informática pola Universidade Complutense de Madrid e
experto en materia de ITIL e en integración de servizos na nube
seguros.