Vitae móstranos como facer presentacións eficaces impulsadas por IA
mércores, 18 de febreiro do 2026
Vitae Consultores vai organizar en marzo unha moi interesante formación centrada na intelixencia artificial e nos seus principais potenciais en materia de comunicación profesional e empresarial. Estamos a falar do curso PresentIA: presentacións eficaces impulsadas por IA, que se desenvolve os días 10, 11 e 12 de marzo. Contará con 9 horas de formación e levarase a cabo en formato de aula virtual con posibilidades de recuperar as clases.
Para poñernos en contexto, a consultora galega Vitae, referente en formación avanzada para profesionais da innovación, sinala que “nunha contorna profesional onde as presentacións son unha ferramenta clave para comunicar ideas, influír en decisións e gañar apoio, necesitamos máis que nunca destacar na nosa forma de planificar, estruturar e expoñer as nosas mensaxes e narrativas”. Por outra banda, existe o desafío de como crear presentacións de impacto de forma rápida e eficiente, empregando os recursos precisos e evitando tarefas rutineiras.
Este curso está deseñado para abordar esta necesidade, aproveitando o poder da intelixencia artificial (IA) para optimizar cada etapa do fluxo de traballo: desde a comprensión das necesidades da audiencia, a organización efectiva de ideas e argumentos, ata a creación de diapositivas visualmente atractivas e a práctica da exposición oral.
As persoas asistentes aprenderán a integrar ferramentas de IA que automatizan tarefas repetitivas, refinan a mensaxe e melloran o impacto visual, permitíndolles dedicar máis tempo ao que realmente importa: comunicar a súa mensaxe de forma clara e convincente.
O curso está dirixido a profesionais que decote crean presentacións para comunicar proxectos, resultados ou propostas, pero sen formación específica no uso da IA, profesionais que buscan mellorar a claridade, o impacto e a eficiencia das súas presentacións aproveitando ferramentas tecnolóxicas avanzadas sen requirir coñecementos técnicos previos.
A metodoloxía do curso será altamente práctica e orientada a resultados, combinando breves exposicións teóricas con demostracións en tempo real de ferramentas de IA aplicadas ao proceso de creación de presentacións.
Os participantes traballarán sobre casos reais, aplicando cada técnica aprendida de maneira inmediata aos seus propios proxectos, sempre baixo a supervisión e feedback do instrutor.
Ao final do curso, cada participante desenvolvería unha presentación completa e recibirá recomendacións personalizadas sobre como integrar estes novos enfoques e ferramentas no seu fluxo de traballo diario, asegurando que o aprendido sexa transferido de maneira efectiva á súa contorna profesional.
Obxectivos
-Presentacións máis eficaces e persuasivas, ao aplicar técnicas de IA para optimizar o contido e mellorar o impacto da mensaxe.
-Aforro de tempo na creación de diapositivas e deseño visual, grazas ao uso de ferramentas que automatizan tarefas repetitivas e simplifican a edición.
-Estruturación clara e lóxica das ideas, logrando un equilibrio entre emoción e razón nas argumentacións, o que aumentará a capacidade de influencia na audiencia.
-Mellora na calidade visual das presentacións, ao saber utilizar gráficos, imaxes e metáforas visuais xeradas por IA que realzan o contido e fano máis memorable.
-Uso de ferramentas de IA máis accesibles para crear gráficos, diagramas e outros elementos multimedia sen necesidade de coñecementos previos en deseño gráfico.
-Maior confianza na eficacia da exposición, ao practicar con simuladores impulsados por IA que permiten ensaiar e obter retroalimentación sobre o rendemento.
-Capacidade de adaptar presentacións ao contexto e á audiencia de forma máis rápida e precisa, grazas á automatización na planificación e análise das necesidades do público.
A persoa encargada de impartir os contidos será Gonzalo Álvarez Marañón, forxador de heroes da comunicación. Obtivo o título de Enxeñeiro Superior de Telecomunicación pola UPV/EHU en 1995, é doutor en Informática pola UPM en 2000 e adestrador (coach) asociado de SUN (Success Unlimited Network) pola ICF (International Coach Federation España) en 2012. Dedicou os primeiros quince anos da súa actividade profesional á seguridade informática: a investigar e logo divulgar os seus resultados en revistas, xornais, libros, radio e TV, a vender os seus servizos a empresas, a impartir formación dentro de organizacións e a dar charlas sobre seguridade informática por todo o mundo en todo tipo de foros.
Trala experiencia e coñecementos adquiridos falando ante as audiencias máis variadas, deu un xiro de 180 graos á súa carreira e empezou a axudar a empresas e a particulares a presentar as súas ideas con seguridade e confianza para mover ás súas audiencias á acción. Desde entón, formou a miles de profesionais e directivos de todos os sectores sobre como facer presentacións e como falar en público, tanto no ámbito público como privado: PwC, Movistar, Pfizer, SegurCaixa/Adeslas, Renfe, Volkswagen/Audi, Bosch, Roca, Canal de Isabel II, Ono, Calvin Klein, OCU, fundacións, universidades e centros de investigación. Tamén axudou persoalmente a presidentes e conselleiros delegados de empresas como Vitaldent, Línea Directa, Ferrovial, Acens, Construcía ou Eyeworks e mesmo a un Premio Príncipe de Asturias e a un Premio Nobel.
